CRTVG

Buscar

Benedicto, o novo heroe coruñés que lle acudiu aos veciños que estaban a ser acoitelados

Publicado o 20/04/2021 15:31

Alertado polos berros dos seus veciños de en fronte, Benedicto abriu a porta da casa e atopuuse cunha escena dantesca.

Pero Benedicto, aos seus 80 anos, armouse de valentía e nin a arma nin o temor a ser el tamén agredido lle impediron reaccionar. 

O agresor, de 37 anos, acababa de acoitelar dous veciños seus. Tamén Benedicto, malia que lle resta importancia, sufriu feridas.

Os veciños do da Rolda de Nelle aseguran que viviron momentos de moita tensión porque, despois do acoitelamento, o agresor atrincheirouse no oitavo andar e desde alí ameazou con precipitarse ao baleiro.

 

 

 

Noticias web

20/04/2021