CRTVG

Buscar

Bélxica veta as viaxes non esenciais ata marzo

Publicado o 22/01/2021 21:09

A prohibición das viaxes non esenciais comeza a estenderse por Europa logo da teleconferencia de onte á noite en que os líderes europeos constataron a alerta máxima ante as novas cepas da covid-19. Bélxica acaba de anunciar esa medida.

A prohibición entrará en vigor o día 27 ata o 1 de marzo e afectará a todas as viaxes turísticas, familiares ou de lecer. Se se viaxa por motivos profesionais ou de estrita necesidade hai que asinar unha declaración xurada. Bélxica reacciona así ao acordo entre os líderes europeos. Aquí as PCR en orixe xa son obrigatorias e a corentena ao chegar esténdese aos dez días.

Todo isto antes de que o comité de expertos da Unión Europea deseñe os criterios desa nova cor no semáforo da pandemia, vermella escura para as zonas onde o virus se propaga sen control, dende elas as viaxes sufrirán importantes restricións, o que apunta directamente á meirande parte das comunidades autónomas españolas e a socios como Portugal, Irlanda ou a República Checa.

Noticias web

22/01/2021