CRTVG

Buscar

Beltrán: "Non estiven perdido, xogo onde me pide o técnico"

Publicado o 08/01/2019 16:22

Era o día do aniversario de Brais Méndez, vinte e dous anos, foi o día en que Fran Beltrán marcou o seu primeiro gol na máxima categoría. Cousas do fútbol. Un futbolista colocado no campo nunha posición incómoda. Por detrás de Maxi Gómez. Beltrán marcou cando finalizaba a primeira parte e tirou á porta á volta do descanso.

Dixo que non estaba perdido, que responde as ordes do adestrador.

E aí teñen a Iago Aspas. De espectador, de afeccionado. Sufrindo coa súa familia. A bancada botouno de menos.
A bancada terá que adaptarse á súa ausencia. Aínda lle quedan varias semanas para volver.

Noticias web

08/01/2019