CRTVG

Buscar

Beliauskas confía en que o Obradoiro xogue a Copa

Publicado o 20/11/2020 13:48

O Obradoiro buscará reaccionar na casa para poñer fin á serie de derrotas. Leva tres consecutivas ante Valencia, Unicaja e Baskonia.

Beliauskas: "Son equipos de Euroliga e loitamos cada partido, estivemos moi preto. Estamos no bo camiño, xogando moi ben, só necesitamos corrixir un par de detalles e irá ben".

Precisa o Obradoiro crer e dar a súa mellor versión ante o Burgos para sumar a sexta vitoria da temporada: "É un equipo moi ofensivo, se lle deixamos correr, anotar con facilidade, será un partido difícil... Temos que sacar o noso talento, pero será un partido duro".

Tampouco será doado meterse na Copa, pero Beliauskas confía no potencial do equipo: "Temos un moi bo equipo. O que necesitamos é recuperar os mancados como Kartal. No momento... que esteamos todos con saúde, somos un equipo forte que pode loitar polos play off".

Kartal e Daum son baixa segura. Birutis é dúbida, pero podería chegar.

Noticias web

20/11/2020