Belén Toimil remata sétima e volve superar os 18 metros
Publicado o 05/03/2021 20:33
• "Tiven algo de nervios, pero é a miña segunda mellor marca"
De xeito moi brillante pechou Belén Toimil a participación no Europeo de Polonia. Lanzou menos ca onte, pero aínda así superou os 18 metros, por un centímetro, pero suficiente para rexistrala como a súa segunda mellor marca persoal e a segunda mellor marca española da historia. Está lonxe do lanzamento histórico realizado onte cando rebentou o récord con 18.64, pero confírmase como a mellor lanzadora española de todos os tempos. Un sétimo posto na final desta tarde en Torun, non desloce a fazaña da mugardesa.