CRTVG

Buscar

Belén Toimil bate o récord nacional de peso con 18,80

Publicado o 30/06/2021 15:36

Foi onte á tarde en Castelló. Belen Toimil lanzou o peso a dezaoito metros e oitenta centímetros. O anterior récord era de dezaoito sesenta e catro. Foi en marzo deste ano.

A atleta de Mugardos acababa de gañar o campionato de España en Xetafe con dezaoito cincuenta e dous.

Con dezaoito oitenta é a décima mellor marca do ano en Europa.

Noticias web

30/06/2021