CRTVG

Buscar

Beiras traduce as cartas de Albert Camus

Publicado o 20/11/2018 18:17

A tradución ao galego de Xosé Manuel Beiras das 'Cartas a un amigo alemán' foi publicada na 'Revista Grial' no seu número 15, correspondente ao primeiro trimestre do ano 1967. Esta edición incorpora un valioso 'Prefacio' en tres capítulos onde o tradutor ofrece unha breve historia dunha versión galega que xa posúe, ademais do mérito literario en si mesmo, un recoñecido valor histórico; contextualiza as 'Cartas' na súa trama sincrónico-temporal e biográfica do autor, e engade un terceiro capítulo para explicar o porqué da inclusión de nove textos complementarios de Albert Camus.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2018