CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Beiras pídelles aos galegos que reaccionen contra un "franquismo sen Franco"

Publicado o 14/09/2017 14:57

Anova confirma que apoiará activamente o proceso independentista catalán. O seu fundador participará nun mitin en Cataluña e a organización prepara actos en Galicia en defensa do dereito a decidir. Hoxe Beiras apelaba ao espírito de "Nunca máis" e exhortaba a cidadanía a que se rebelase contra o Estado.

"Acaban de consumar xa a penúltima das atrocidades xurídico-políticas, antidemocráticas e totalitarias que podía facer un Goberno, que é actuar co arranxo a un estado de excepción non declarado", dixo Beiras. "Estamos no franquismo sen Franco e no fascismo sen Franco. O que queremos é exhortar os cidadáns galegos a exercer como cidadáns en solidariedade non só dos cataláns senón en defensa, en medida precautoria, dos nosos propios dereitos", engadiu o fundador de Anova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí