CRTVG

Buscar

Beiras pide atrasar a remuda de Villares ata despois das municipais

Publicado o 02/05/2019 15:20

Os resultados electorais intensifican a crise que vive En Marea. Agora o conflito céntrase no grupo parlamentario. Podemos quere acelerar a saída de Luís Villares como portavoz, mentres que Anova prefire deixalo para despois das municipais.

Neste contesto irrompeu Xosé Manuel Beiras cun chío en Twitter contra Unidas Podemos. Advirte o partido de Pablo Iglesias e dille: "A cobiza fura as faldriqueiras", que se interpreta como un apoio a atrasar o debate sobre Villares para non danar as candidaturas de Unidade Popular.















 

Noticias web

02/05/2019