CRTVG

Buscar

Beiras apoia o voto de Fernán Vello con Unidos Podemos

Publicado o 14/02/2019 17:57
Beiras apoia o voto de Fernán Vello con Unidos Podemos

O histórico político nacionalista e fundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, defendeu o voto de Miguel Anxo Fernán Vello que, ao igual que os seus compañeiros de Unidos Podemos, optou por apoiar a tramitación dos presupostos xerais. O Consello das Mareas, órgano máximo de dirección de En Marea entre plenarios, acordou votar 'non' ao proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PXE), pero só a deputada Alexandra Fernández (Anova) obedeceu este mandato, xa que os otros catro parlamentarios apoiaron continuar coa tramitación das contas.

A través das redes sociais, Beiras lamentou a decisión da dirección de En Marea ante a posibilidade dun adianto electoral. Segundo Beiras, os catro deputados que apoiaron as contas votaron "a esquerda".

Unha mensaxe que contestou Fernández, que lle lembra que se a posición era votar si "a calquera prezo", o honesto cos galegos sería dicilo dende un inicio ", xa que o grupo galego dixo que rexeitaría as contas se non melloraba o investimento para Galicia.