Beiras acusa a dirixentes das confluencias de convertérense en casta
Publicado o 10/05/2019 20:33
Xosé Manuel Beiras, fundador de Anova, volve reflexionar sobre a fractura interna de En Marea. Asegura que, a pesar da súa aposta polo diálogo, houbo dirixentes da confluencia que optaron polo fratricidio e acabaron converténdose en casta.
Yolanda Díaz, de Unidas Podemos, opta por non valorar estas declaracións.
"Eu nunca deixei de dialogar e Anova nunca deixou de dialogar, ata última hora. Non se pode predicar a fraternidade e exercitar o fratricidio. Hai cadros políticos que predicaban aquilo de acabar coa casta e que están configurando unha nova casta", dixo Beiras.