CRTVG

Buscar

Coñecemos a Begoña, unha das primeiras mulleres policía en Galicia

Publicado o 04/03/2019 16:38

Hoxe en día ver polas rúas mulleres de uniforme policial a ninguén lle chama a atención, pero hai tres décadas era toda unha novidade. Elas tiveron que loitar contra os estereotipos dunha profesión tradicionalmente masculina. Coñecemos a Begoña, unha policía local que agora tamén é a xefa de Protección Civil de Santiago. 

Era o ano 1992 e Begoña, con tan só 19 anos, entraba a formar parte do corpo da Policía Local de Santiago. Era a terceira muller que ía vestir o uniforme, a cidadanía aínda non estaba afeita a velas. Non se queixa, pero tampouco esquece episodios de machismo que tivo que vivir.

Da súa promoción foi a única muller que aprobou a oposición. A súa é unha historia de vocación, aínda que daquela fose unha vocación masculina.

Hoxe está á fronte de Protección Civil de Santiago e segue demostrando que as mulleres na sociedade sempre suman.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019