CRTVG

Buscar

Begoña Piñeiro: "Agora os veciños din que algo sabían; non se pode calar, hai que denunciar"

Publicado o 17/09/2019 10:49

Bandeiras a media hasta nun concello que sofre por segunda vez neste ano o golpe da violencia machista. Son catro asasinatos nos últimos seis meses; amais destas tres mulleres vítimas da violencia machista en Valga, en marzo un home asasinaba a muller cunha escopeta en Pontevedra e despois el suicidábase.

O Concello de Valga asegura que está á disposición absoluta da familia das vítimas. No auditorio e Valga vaise instalar a capela ardente. Hoxe é o primeiro de tres días de loito e hai prevista unha concentración ás 12 e media no instituto en repulsa do triplo asasinato e a violencia machista.

Begoña Pineiro, concelleira de igualdade en Valga: "Por desgraza, Valga está revivindo o de hai seis meses, nun concello tan pequeno onde nos coñecemos todos, esta eiva, esta violencia machista atácanos de novo. Volveu pasar, algo estamos facendo mal".

"Nin en Servizos Sociais nin no Centro de Información á Muller había constancia de nada. Nunca ninguén veu dicir que estaba pasando esa situación. Agora, parece ser que aos veciños lles soaba, algo se comentaba e non se pode calar. Hai que dicilo e hai que denunciar, e despois hai que poñer os medios a disposición e cumprir; non se pode consentir que isto siga pasando".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019