Begoña Gómez, a muller do presidente Sánchez, dá positivo en coronavirus
• Estivo o domingo pasado na manifestación do 8-M en Madrid
Begoña Gómez, a dona do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deu positivo no test de coronavirus que se lle practicou nas últimas horas. Tanto ela coma o xefe do executivo atópanse en bo estado. Os dous mantéñense na Moncloa e, segundo o comunicado do Goberno, seguen as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias.
A información foi facilitada pola Moncloa tras a rolda de prensa ofrecida por Pedro Sánchez tras un consello de ministros ao que asistiu o vicepresidente Pablo Iglesias. A súa parella, a ministra de Igualdade, Irene Montero, tamén está en corentena na súa casa ao dar positivo por coronavirus. O consello de ministros tampouco contou coa presenza da ministra de Administración Territorial, Carolina Darias, que tamén pasa a corentena por estar contaxiada.
Begoña Gómez, Irene Montero e Carolina Darias estiveron o domingo pasado na manifestación polo 8 de marzo.