CRTVG

Buscar

'Bebebaba', experiencias sonoras entre familias e bebés

Publicado o 11/01/2017 20:49

Cativos de 0 a 24 meses participaron en Vigo, xunto ás súas familias, nunha clase de experiencias sonoras e de afectos entre familias e bebés

Bebés de 0 a 24 meses participaron en Vigo, xunto ás súas familias, nunha clase de Bebebaba. Un espazo de experiencias sonoras e de afectos entre familias e bebés.

Trabállase segundo a metodoloxía de aprendizaxe de Edwin Gordon, seguindo as etapas do desenvolvemento musical: escoita, imitación e asimilación.

É unha sesión semanal de 30 minutos onde se traballa a experimentación sonora e sensitiva, o coñecemento do léxico musical, o descubrimento do voz do bebé e do seu corpo como instrumento musical ou o ritmo e a melodía das linguas e linguaxes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017