CRTVG

Buscar

Beatriz Pino: "En Ciudadanos temos a responsabilidade nesta segunda oportunidade de botar fóra do Goberno a Sánchez e o sanchismo"

Publicado o 19/09/2019 11:23

A deputada galega de Ciudadanos Beatriz Pino, ante a próxima convocatoria de eleccións dixo que "temos a responsabilidade de ter unha segunda oportunidade de botar fóra do Goberno a un partido e un proxecto como o que representa Sánchez e o sanchismo. Está bloqueando España. Hai que recordar que fracasou no seu intento de poñer España en marcha, de poñer o país a funcionar e os españois non se merecen iso".

Respecto á oferta de Albert Rivera de última hora para absterse e facilitar a investidura, Beatriz Pino dixo que "Ciudadanos non deu ningún cambio. Víñamos avisando do que viamos. Diciamos que Sánchez era un perigo para España e que nos ía levar a un bloqueo, e desde Ciudadanos representamos iso, o desbloqueo".

Respecto á posibilidade de concorrer en coalición co Partido Popular ás próximas eleccións, a deputada galega non aclarou cal será a postura de Ciudadanos: "Nós temos que ter moi claro que somos proxectos diferentes, pero podemos chegar a acordos para gobernos puntuais. Iso é o que teñen que ter claro os españois e os galegos. Podemos sumar para sacar a España do desbloqueo, e formar unha suma democrática".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí