CRTVG

Buscar

Beatriz Pino, elixida candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta

Publicado o 28/02/2020 15:12

No caso de Ciudadanos, Beatriz Pino será a candidata á presidencia da Xunta tras gañar as primarias do partido.

Foi a máis votada na consulta interna, malia que a formación non facilita as porcentaxes que obtivo cada aspirante. Pino foi deputada no Congreso por Pontevedra e actualmente forma parte da xestora que vai pilotar a substitución en Ciudadanos. Inés Arrimadas conta con ela no seu equipo. Esta tarde participará en Ourense na proclamación da candidata.

Noticias web

28/02/2020