Beatriz Pino (Cs) considera mala noticia o avance do nacionalismo
A candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Pino, recoñeceu que os resultados derivados das eleccións autonómicas deste domingo "non foron bos", á vez que constatou "unha mala noticia para os galegos", o avance do nacionalismo que, explicou, "preocupa".
Nunha comparecencia co escrutinio case finalizado, Pino afirmou que Ciiudadanos sabía que estas eleccións "non eran fáciles" e que se desenvolverían nun escenario fóra do habitual, "complicado", ao que era previsible que os electores se "asomasen con medo".
A pesar disto, subliñou que a formación foi "capaz" con "solvencia" e con "crítica construtiva" de "ensinar aos galegos" a súa concepción de "política útil", que busca construír "unha Galicia moderna, do século XXI, con diálogo".
Aínda que os resultados están "por baixo das expectativas" (non obtiveron representación e son sexta forza) o proxecto de Ciudadanos en Galicia "segue adiante". "Seguiremos traballando e iso é o máis importante", dixo Beatriz Pino, "porque esta voz moderada e de centro ten que estar representada dunha vez no Parlamento galego".