CRTVG

Buscar

Beatriz González: "Hai que esquecerse da débeda e do déficit, é inevitable"

Publicado o 22/05/2020 10:36

A partir de agora, sen deixar de preocuparnos pola saúde, teremos que atender ao xeito de como reactivamos a economía. A gran maioría dos sectores están en suspenso. Aínda que non están destruídos, están nunha especie de hibernación, nun coma inducido, para recorrer a un concepto médico. Igual que nun coma inducido, a nosa economía precisará dunha vixilancia intensiva e dos fármacos máis axeitados

Beatriz González López-Valcárcel é especialista en Políticas Públicas, catedrática de Métodos Cuantitativos en Economía na Universidade das Palmas de Gran Canaria. Para ela, "vai ser unha transición marcada polo coidado e pola prudencia para non dar pasos en falso e volver ao confinamento". Sobre a seguridade xurídica, sinala que "é esencial. O estado do benestar debe estar por riba dos intereses partidistas".

A catedrática considera que "é inevitable esquecerse da débeda e do déficit. Incluso países como Alemaña, que eran arduos defensores do control do déficit, deixárono de lado. Este ano imos chegar ao 10,5% de déficit no mellor dos casos e ao 115% de débeda pública. É inevitable". Para evitar que o problema de liquidez se converta nun problema de solvencia "necesitamos a Europa. O Banco Central Europeo xa fixo intervencións por máis de medio billón de euros, pero precisamos tamén a axuda económica de Europa a través do presuposto. Isto é o que, con sorte, se acadará dentro dunha semana".

Noticias web

22/05/2020