CRTVG

Buscar

Os 400 veciños de Beade deixan atrás as restricións máximas

Publicado o 09/04/2021 14:30
Os 400 veciños de Beade deixan atrás as restricións máximas

Despois dunha Semana Santa en que non puideron saír dos poucos máis de seis quilómetros cadrados que ten o seu concello, os 400 veciños de Beade recuperaron nas últimas horas a mobilidade e a posibilidade de se xuntar sempre que se respecten o resto de medidas de seguridade. Mesmo nos bares, que volven estar abertos.

Beade levaba dúas semanas no nivel máximo de restricións, agora pasou ao medio, co que os bares poden abrir no interior un 30 por cento da ocupación e un 50 fóra. Tamén alivia poder xuntarse xa cos seus, dentro das limitacións. Alberto e Álex botaron de menos non poder facelo na Semana Santa.

Levantouse tamén o peche perimetral, que nestes concellos pequenos con poucos servizos notan moito. Beade leva as dúas últimas semanas sen novos casos de covid diagnosticados entre a súa veciñanza.

 

Noticias web

09/04/2021