CRTVG

Buscar

Os ERES de BBVA e CaixaBank prevén despedir uns 11.000 traballadores

Publicado o 14/04/2021 15:03
Os ERES de BBVA e CaixaBank prevén despedir uns 11.000 traballadores

A banca española vai acometer este ano despedimentos masivos. O BBVA aínda non deu cifras exactas, pero os analistas calculan que afectará uns 3.000 empregados.

CaixaBank tamén prepara un plan de axuste pola fusión con Bankia, que suporá a saída de ata 8.000 traballadores, o maior ERE da banca española.

As dúas entidades inician agora a negociación cos sindicatos co obxectivo de pechar a reestruturación antes do verán. O sector perdeu na última década o 35 por cento dos seus empregos, segundo datos do Banco de España.

Noticias web

14/04/2021