Batet expulsa a secretaria xeral de Vox do pleno da Deputación Permanente do Congreso
Publicado o 22/10/2019 15:32
A economía centrou tamén o pleno da Deputación Permanente do Congreso, que comezou cunha expulsión, a da secretaria xeral de Vox, Macarena Olona. Pretendía alterar a orde do día para falar de Cataluña, pero a discusión comezou cando se negou a cambiar de sitio, xa que estaban ocupando os asentos de Ciudadanos.