CRTVG

Buscar

Batet chama os grupos a "estar á altura" e respectar e escoitar o outro

Publicado o 03/02/2020 12:22
Batet chama os grupos a "estar á altura" e respectar e escoitar o outro

A presidenta do Congreso, Meritxell Batet, chamou este luns os grupos e representantes das Cortes a "estar á altura" da misión que teñen encomendada e saber "respectar" e "escoitar" o outro para poder alcanzar "obxectivos comúns" en lugar de perderse na "procura de diferenzas".

Batet fixo esta chamada ao entendemento dos partidos nas dúas cámaras no seu discurso da sesión solemne da apertura das Cortes, e pediulles que transcendan a "competencia electoral e entre partidos" para atender os "retos fundamentais" do país.

"Os consensos non se achan senón que se constrúen e a vontade e a palabra son ferramentas preciosas para iso", dixo  Batet, quen tamén subliñou que corresponde ás Cortes e ao Goberno facer realidade as políticas públicas, e esa actuación é a vía para "responder á crise política" e recuperar o recoñecemento dos cidadáns nas institucións.