CRTVG

Buscar

Batet admite que vai ser difícil facer a investidura antes do Nadal

Publicado o 04/12/2019 21:19

A presidenta do Congreso entregoulle ao xefe do Estado a listaxe de partidos que obtiveron representación parlamentaria, cos que agora Zarzuela vai preparar a rolda de consultas para a investidura. Acudirán 19 formacións, porque Esquerra, EH Bildu e a Cup rexeitan participar.
Batet recoñece que, aínda que o Rei lle manifestou a necesidade de que haxa goberno o antes posible, vai ser difícil facer a investidura antes do Nadal.

Meritxell Batet, presidenta do Congreso, "non é imposible pero certamente é complicado, creo que os tempos están axustados"

A presidenta do Senado tamén acudiu este mércores á Zarzuela para informar o rei Filipe VI da constitución da cámara alta.






 

Noticias web

04/12/2019