CRTVG

Buscar

Baten de fronte un coche e un camión articulado na N-550 en Ordes

Publicado o 23/01/2019 14:10

Outro accidente de tráfico, este na estrada entre A Coruña e Santiago, tivo esta mañá a circulación condicionada durante hora e media. Foi un choque frontal entre un coche e un camión articulado nun tramo recto da Nacional 550 ao paso pola parroquia de Santa Cruz de Montaos, en Ordes.

Non houbo danos persoais. Como consecuencia do impacto, o turismo quedou moi danado na zona do motor. O accidente puido deberse a unha distracción da persoa que guiaba o coche e que a levou a invadir o carril contrario polo que circulaba o camión. Na regulación do tráfico participaron efectivos da Policía Local de Ordes e da Garda Civil. Tamén traballaron no punto do sinistro bombeiros, que se encargaron da limpeza da calzada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019