CRTVG

Buscar

Bate cunha casa logo de saír da vía, entre Caldas e Moraña

Publicado o 12/10/2019 14:43

A muller conducía na dirección que ven, a que leva esa furgoneta branca. Sen que se coñezan as causas, invadiu o carril contrario e foi dar de fronte coa esquina da casa que ven á esquerda para acabar chocando con esoutra cabana de pedra deshabitada. Eran as nove e media da mañá cando a muller, de 22 anos e natural de Godos, se espetou contra a vivenda. O impacto, segundo nos contou o propietario da casa, foi brutal. Estamos en Aguiúncho, na parroquia de Santo André, no quilómetro 2 desta estrada PO-221. A vítima, que perdeu moito sangue nos primeiros minutos, tivo que ser excarcerada polos bombeiros do Salnés e despois foi trasladada ata as urxencias do CHUS, o hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. A Garda Civil investiga as causas do accidente. Non atoparon freadas así que detrás da saída de vía pode estar un despiste, que adormecese ou tivese unha perda de consciencia. Porque en principio non hai ninguén máis implicado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2019