CRTVG

Buscar

Bate contra un muro e cae por un desnivel de sete metros

Publicado o 18/01/2020 14:21

Un coche saíu da vía, arrancou un sinal de tráfico, bateu contra un muro e acabou caendo por desnivel de sete metros. Aterrou sobre sobre outro vehículo que estaba aparcado na vía inferior. Aconteceu na nacional 120, á altura da localidade de Untes, en Ourense.

A pesar do estado en que quedou o coche, a condutora quedou ferida leve. Foi ela mesma a que saíu do vehículo e escalou polo noiro ata a estrada principal, onde pediu axuda. 

Noticias web

18/01/2020