CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Batalla campal nas rúas de Bos Aires e lea no Parlamento pola reforma das pensións

Publicado o 15/12/2017 15:09

Tensión e graves incidentes na Cámara de Deputados da Arxentina durante a tramitación dunha reforma das pensións que pretende levar adiante o goberno do país. O Hemiciclo foi escenario dunha batalla campal que acabou trasladada ás rúas de Bos Aires.

En Bos Aires vivíronse momentos de moitísima tensión nas últimas horas.
O Goberno de Mauricio Macri quere levar adiante a reforma menos popular da súa xestión.
Trátase dunha modificación na Lei das pensións que suporá unha mingua substancial no poder adquisitivo dos xubilados e que xerou un gran malestar social, porque este é sempre o colectivo máis lastrado economicamente.

A medida xa foi aprobada polo Senado, pero falta a sanción da Cámara de Deputados, que na última sesión viviu duros enfrontamentos entre o oficialismo e a oposición.

A batalla campal trasladouse a unhas rúas de Bos Aires que están blindadas polas forzas de seguridade con motivo da conferencia da Organización Mundial do Comercio.

Fronte ao avance dos manifestantes cara ao Congreso, a Policía respondeu con pelotas de goma e gases lacrimóxenos.

Escenas que en pleno mes de decembro a moitos lle fan recordar os fortes disturbios que viviu o país no 2001.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí