CRTVG

Buscar

Bartomeu pasa polo adestramento para tranquilizar aos xogadores do Barça

Publicado o 23/05/2020 20:49

No dia no que se volve falar do inetere do PSG por Dembelé e dun posible troco co City de Semedo por Cancelo, polo adestramento do Barça pasou Bartomeu, o predsidemte. Nin que dicir que diso nada aclarou, pero si tranquilizou ánimos e aportou detalles da volta á competición. A primeira visita de Bartomeu trala corentena coincide co peche da segunda semana de traballo do Real Madrid. Aquí as facianas son outras. Zidane estaos a apertar aínda coa incerteza de saber se os músculos van agantar logo da inactividade. De momento, sí e amais mesmo lle dá pra deixar logo unha restra de auténticos golazos. Por abaixo, por arriba e mesmo enriba dun cono. O Madrid colle pulo, pero se do que falamos é de intensidade, aí hai que mirar cara o Atlético. O profe Ortega nunca decepciona. Menos mal que xa todos o coñecen e o toman con humor. Vraliko traballa aparte, convencido de que a artroscopia do seu xeonllo estará recuperada pro incio de campionato.
 

Noticias web

23/05/2020