CRTVG

Buscar

Bartomeu confía en que Messi continúe no Barça moitos anos máis

Publicado o 07/09/2019 13:44

O presidente do Barcelona, Josep María Bartomeu, confirmou que Messi pode elexir o seu futuro ao final desta temporada, pero confía en que siga no Barça moitos anos máis "Son xogadores tan culés que dubido que xoguen noutro club, pero si que teñen a liberdade, porque a gañaron, de decidir o seu futuro e cando van deixar de xogar ao fútbol. Pero Leo é moi culé e non teño dúbidas de que seguirá no Barça e agardo que moitos anos máis. Non só ata final de 2021, senón algún máis"
Tamén falou das negociacións por Neymar e dixo que non vai vir en xaneiro "É un extra. Non estaba planificado. Pero hai un momento no que sabemos que Neymar quere marchar do PSG e eu digo que o PSG non quere que marche Neymar. Pero o seu director deportivo, Leonardo, abre as portas ás negociacións. A mín cónstame que outros clubs inician a negociación e o Barça tamén logo de abrirse a porta. Así que a partir dese intre si que hai unha negociación".

Noticias web

07/09/2019