CRTVG

Buscar

Saqueos e vandalismo na quinta xornada de protestas por Pablo Hasél en Barcelona

Publicado o 21/02/2021 14:04

As protestas do sábado á noite en Barcelona polo encarceramento do rapeiro Pablo Hasél deixan un regueiro de incidentes con actos de saqueo e pillaxe, cargas policiais, cinco axentes dos Mossos feridos e 38 persoas detidas en toda Cataluña.

A última algarada foi a máis multitudinaria, participaron unhas 6.000 personas. E por quinto día consecutivo, repetíronse escenas de violencia con queima de colectores, así como saqueos de tendas no centro da cidade, sobre todo no paseo de Gracia, por parte dalgúns dos manifestantes. A ira dos violentos tamén se asañou co mobiliario urbano e con entidades bancarias.

Tamén houbo ataques contra o Palau da Música en Barcelona, que sufriu danos.

A asociación de comerciantes desta esta zona cuantificou en varios centos de miles de euros os danos causados polos violentos.

Noticias web

21/02/2021