CRTVG

Buscar

Barricada polo 8 de marzo en Santiago

Publicado o 08/03/2019 10:07

Un grupo feminista colocou unha barricada de pneumáticos e prendeulle lume nun vial do barrio compostelán do Castiñeiriño. Foi na rúa que leva o nome de Clara Campoamor, a política impulsora do voto feminino, e a acción obrigou a desviar a circulación de vehículos durante uns minutos; o tempo que empregou a dotación de bombeiros desprazada ao lugar para apagar os pneumáticos e retirar da calzada os restos e os que aínda non prenderan. A queima dos pneumáticos tamén deixou a súa pegada de estrago na calzada.
 

Noticias web

08/03/2019