CRTVG

Buscar

Barreras logra o financiamento que lle permitirá acabar a construción do transatlántico de Ritz-Carlton

Publicado o 28/01/2020 15:08

O estaleiro xa comunicou o acordo ao xulgado número 3 de Vigo e tamén llo notificou a industria auxiliar. Na carta remitida a máis de 170 empresas pídelles un prazo de tres meses para saldar a débeda, valorada en 25 millóns de euros.

As auxiliares celebran o acordo, pero nas próximas horas manterán unha reunión cos responsables do estaleiro. Esixen o cobro íntegro da débeda como requisito indispensable para volver a actividade. Terán que decidir qué facer, antes do próximo 2 de febreiro cando vence o preconcurso de acredores.

Ritz Carlton asumirá os 70 millóns de euros de sobrecusto do estaleiro. Co acordo financeiro en vigor a compañía norteamerica poderá poñerse a fronte de Barreras, condición indispensable para que lle cedan os dereitos e poder tomar decisións no consello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020