CRTVG

Buscar

Barreras asina con Ritz-Carlton a construción dun segundo cruceiro de luxo

Publicado o 30/05/2019 18:39

Barreras asina coa cadea Ritz-Carlton o contrato para a construción dun segundo cruceiro de luxo. A encarga ascende a 250 millóns de euros. O acordo presentárono no estaleiro vigués canda o presidente da Xunta. No estaleiro agardan poder optar a un terceiro buque para a cadea hoteleira.

Barreras é o estaleiro privado con maior carga de traballo en Galicia. Un reflexo do momento de recuperación que vive a industria naval galega, que se sitúa ao setenta por cento da súa capacidade produtiva. Dos 58 barcos que se están a construir en España, trinta corresponden aos estaleiros galegos.

A especialización dos estaleiros galegos é a principal fortaleza do sector en Galicia, que xunto ás melloras nas condicións de financiamento das entidades contribúen á recuperación do sector.

Neste momento a industria acada os catorce mil empregos directos e recupera cifras de antes da crise. Galicia conta coa maior carteira de pedidos do continente europeo, por detrás de Holanda.





 

Noticias web

30/05/2019