CRTVG

Buscar

Baróns socialistas avisan que o goberno non debe depender dos independentistas

Publicado o 15/11/2019 08:56

Emiliano García-Page apoia o que chamou declaración de intencións do Partido Socialista e Podemos. Sobre os apoios que aínda faltan avisa.

Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha, dixo que "un goberno non debe, en ningún momento, depender dos independentistas, o cal non é que non se deba falar".

Felipe González, que non chamou a Sánchez tras a vitoria electoral, oponse a calquera acordo que vaia contra a igualdade entre os españois.

Para Felipe González, ex-presidente do Goberno, "os que tratan de romper as normas de convivencia en España e os que tratan de rompelas en Europa e os compromisos europeos, que non conten comigo".

E o ex-presidente estremeño era así de contundente.

Juan Carlos Rodríguez Ibarra, ex-presidente de Estremadura, lembra: "Dixen que se se forma goberno, díxeno en 2016, con Podemos, Esquerra Republicana e os independentistas, iríame do PSOE". "E ségueo mantendo?". "Si".

Pechan filas detrás de Sánchez os socialistas andaluces e tamén os galegos.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, di que "á marxe da Constitución e á marxe da lei non cabe nada, e ese será un compromiso do goberno socialista, do goberno progresista que perfilará Pedro Sánchez".

Susana Díaz, secretaria xeral do PSOE de Andalucía, asegura que "hai un punto importante no documento dos dez que me gustaría que lesen todos estes patriotas de pacotilla que di que o marco de convivencia ten que estar dentro do marco da Constitución española. E esa é a mellor garantía que sempre reivindicamos e reclamamos quen queremos o noso país".

Díaz pídelle a toda a oposición que faciliten a posta en marcha do goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019