Baróns do PSOE súmanse ás demandas do PP para reclamar o IVE de 2017
Publicado o 01/02/2020 15:20
Presidentes autonómicos socialistas están dispostos a seguir o camiño marcado por Galicia e Andalucía para reclamar a liquidación do IVE de 2017. Son varios os baróns do PSOE que ergueron a súa voz e anunciaron que se sumarían á vida xudicial.
Castela-A Mancha emprende accións xudiciais e Aragón, Valencia e Asturias poderían seguir ese mesmo camiño. Denuncian que o sistema de financiamento autonómico levan seis anos caducado e o Estado débelles 2.500 millóns de euros. As comunidades gobernadas polo PP, igual que xa fixera Cataluña, iniciaron a vía xudicial e agora sumaríanse varias autonomías socialistas. En Galicia tamén o reclaman concellos e deputacións gobernadas polo PSOE, como a da Coruña e Lugo.