CRTVG

Buscar

Barcos cheos para visitar as Cíes no Día do Pai

Publicado o 19/03/2019 16:23

Moitos pais quixeron celebrar este día levando os seus fillos ao paraíso natural das illas Cíes. Hai mil razóns para visitar as illas Cíes. E máis aínda nun día festivo en que o tempo acompaña.

Nin traxe de baño, nin toalla. O que visita as Cíes en temporada baixa ven buscando algo máis que praia. Faros, cantís, dunas e aves agardan os amantes da natureza.

No inverno, visitar o paraíso non ten cota, pero a partir de Semana Santa volve ser obrigatorio sacar o permiso da Xunta para visitar o parque. Unha medida para protexer este ecosistema da masificación turística.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/03/2019