CRTVG

Buscar

A estabilización do barco envorcado na Coruña vai durar varios días

Publicado o 09/03/2019 14:12

Esta é a imaxe que as nosas cámaras recollían esta mañá no peirao de Oza, na Coruña... atrás quedan os momentos de tensión que aquí se viviron nas últimas horas con este pesqueiro francés de 34 metros de eslora como protagonista. Estaba varado nun carro, acababa de ser reparado é ía ser devolto ao mar, cando de repente se desestabilizou e envorcou, collendo por sorpresa os operarios que nese momento se atopaban traballando na zona.
Pese ao aparatoso do accidente, non se produciron danos persoais, nin tampouco medioambientais, xa que aínda que o barco perdeu combustible na caída, non chegou ao mar. As barreiras  anticontaminantes que se instalaron evitaron posibles verteduras.

Sobre as causas do sinistro, xa está en marcha unha investigación, aínda que hai quen asegura que as instalacións carecen do mantemento axeitado. Marco Antonio traballou un tempo no varadoiro, e di que ten probas dabondo coas que apoiar esta denuncia.

A partir desta tarde os técnicos comezarán a coordinar as tarefas para intentar estabilizar de novo o buque. Uns traballos que semellan complicados e que poderían prolongarse durante varias xornadas. 

Noticias web

09/03/2019