CRTVG

Buscar

200 veciños da Barcia en Lalín convocados a un cribado para evitar que se propague o virus

Publicado o 01/05/2021 14:54

Barcia é unha das parroquias rurais do concello de Lalín. Os veciños calculáronnos que haberá unhas setenta casas, e nunha delas morría esta semana un home de 55 anos. A falta do que diga a autopsia, a súa muller está ingresada na UCI por covid.
As sospeitas dun novo gromo levaron a convocar o cribado masivo para esta tarde

Con todo non se convocou a todos os veciños da parroquia

Ante as sospeitas dun novo gromo o Centro de Saúde e Concello de Lalín traballaron co Sergas para que o cribado se fixera o máis axiña posible para evitar a propagación do virus.