CRTVG

Buscar

Bárcenas ratifica o dito por Costa e desvincula a Génova sobre o financiamento do PP

Publicado o 13/02/2018 14:57

 

Luis Bárcenas volve á Audiencia Nacional, desta volta como testemuña no xuízo da rama valenciana da Gürtel. O ex-tesoureiro do PP ratificou a confesión de Ricardo Costa sobre o presunto financiamento irregular en Valencia. Confirmou que o ex-número dous de Camps lle advertiu das instrucións do PP valenciano para financiar actos de campaña con cartos de empresarios. Algo que, segundo Bárcenas, estaba prohibido no ámbito nacional. Desvincula a Génova das prácticas no PP.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018