Cospedal declara que non ordenou borrar os ordenadores de Bárcenas
Expectación nesta nova xornada do xuízo ante a presenza de Cospedal e do propio Bárcenas, que foi trasladado dende o cárcere onde cumpre condena pola Gürtel. Sentan no banco dos acusados o PP, como persoa xurídica, e tres dos seus traballadores por presuntos delitos de danos informáticos e encubrimento.
No xuízo, sen cámaras, Bárcenas afirmou que os ordenadores destruídos eran seus. Dixo que contiñan información confidencial e aludiu á suposta caixa B do PP. O xefe da asesoría xurídica do Partido Popular asegurou que nos ordenadores non había nada gardado e que todo foi unha montaxe de Bárcenas para danar o partido.
María Dolores de Cospedal arremeteu contra Bárcenas. Dixo que ela non dera orde de borrar os ordenadores e que prohibiu a entrada do ex-tesoureiro á sede do PP tras coñecerse que tiña contas en Suíza.