Luis Bárcenas cre que Mariano Rajoy foi quen ordenou a Operación Kitchen
Luis Bárcenas apunta a Mariano Rajoy como o encargado de ordenar a Operación Kitchen. Díxoo na Comisión do Congreso que investiga esa Operación Kitchen, a trama parapolicial que presuntamente se argallou no Ministerio do Interior para roubarlle información que podía comprometer a dirixentes do PP. Na comparecencia, Bárcenas tamén afirmou que el gravou a Rajoy destruíndo documentos da contabilidade B do partido e desvinculou desa contabilidade B a Aznar e mais a Casado.
"Non teño ningunha dúbida de que a operación é certa. O ue non coñecemos é o autor ideolóxico, o que a pon en marcha. É evidente que ten que ser unha persoa do máximo nivel do partido, sen ningunha dúbida", afirma Luís Barcenas, extesoureiro do PP.
"Vostede supón que foi Mariano Rajoy quen lle pide a Jorge Fernández Díaz que fagan o posible para que a vostede lle poidan quitar toda aquela información?", pregunta Felipe Sicilia, deputado do Partido Socialista.
"É unha suposición, pero así o creo", responde Luis Bárcenas, extersoureiro do PP.