CRTVG

Buscar

Barcelona volverá ser a capital cultural de España

Publicado o 07/02/2020 14:06

Pedro Sánchez comezou a mañá reuníndose coa alcaldesa de Barcelona. Na xuntanza, o presidente comprometeuse a recuperar un vello convenio promovido polo Goberno de Zapatero, malia que Colau non o define coas mesmas palabras que Sánchez.

Hai 10 anos, o status de Barcelona como capital cultural de España traducírase nun investimento de máis de 25 millóns de euros por parte do Goberno socialista. Contido económico tivo tamén o encontro que o presidente mantivo a continuación cos empresarios cataláns, que o animaron a presentar os orzamentos do Estado canto antes.

Pero o máis transcendente do anunciado nesta viaxe é o compromiso do seu Goberno de estudar a reclamación da Generalitat de plena autonomía financeira e tributaria, algo semellante á cota vasca. Unha concesión que a día de hoxe está fóra da Constitución española e que foi a orixe do proceso independentista cando en 2012 o Goberno de Mariano Rajoy lla negou a Artur Mas.

E sobre a sentenza dese proceso falou este venres o líder dos socialistas cataláns, que cre que as condenas por sedición non se axustan ao que aconteceu en Cataluña. Miquel Iceta confirmou, ademais, a urxencia da Moncloa por rebaixar a pena que supón este delito, a través dunha reforma do Código Penal.

Noticias web

07/02/2020