CRTVG

Buscar

Barcelona leva tantos homicidios na rúa coma en 2018 pero Colau nega inseguridade

Publicado o 17/08/2019 15:26

Con oito homicidios na rúa no que vai de verán e dez no que vai de ano, Barcelona rexistrou xa o mesmo número de homicidios que nos doce meses xuntos de 2018. Con todo, a alcaldesa, Ada Colau, nega que a cidade sexa máis insegura que outras grandes urbes europeas.

A última morte violenta de Barcelona, en Nou Barris, produciuse o mesmo día en que tamén na vía pública había un acoitelamento. Só esta semana foron dous os homicidios e sete os ataques con arma branca. No que vai de verán, houbo oito mortos, que ascenden a dez de computarmos desde o inicio de ano. É o mesmo número de vítimas que en todo 2018, aínda que a alcaldesa rebate as voces que denuncian un aumento da inseguridade.

Ada Colau afirma que a de Barcelona é similar á doutras grandes cidades, como París ou Londres, e asegura que o concello segue dedicándolle toda a atención á loita contra esta lacra. Di que iso vai mellorar cando os Mossos d'Esquadra, tras o verán, amplíen o seu cadro na cidade con trescentos novos axentes.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019