CRTVG

Buscar

Barcelona e Cataluña blíndanse antes as eleccións

Publicado o 10/11/2019 09:28

Os Mossos d'Esquadra, a Policía Nacional e a Garda Civil activan esta sábado o Centro de Coordinación Operativa para garantir a seguridade o 10-N. Será o maior dispositivo policial en Cataluña nunhas eleccions.
Haberá policías autonómicos nos 2.700 centros de votación. O maior peso do operativo recae nos mossos pero, se fose necesario, poderán contar co apoio de policiais nacionais nas grandes cidades e de gardas civis en localidades pequenas e zonas rurais.

Ademais os antidisturbios da Policia Nacional despregaranse en puntos estratéxicos. O Centro de Coordinación actívase na xornada de reflexión como é habitual, aínda que desta volta coincide coa convocatoria do Tsunami Democrático para que os independentistas se concentren nas prazas de cidades e vilas.
Isabel Celaá. Voceira do Goberno en funcións. "O despregamento en Cataluña estudárono as institucións competentes, o Ministerio do Interior en coordinación cos Mossos, que son tamén forzas de seguridade do Estado. Será o axeitado para que o exercicio do voto se faga con total garantía".

Tamén poderán votar todos os policías despregados excepcionalmente en Cataluña. O Tribunal Supremo ordenoulle á Xunta Electoral e a Interior que adopte todas as medidas necesarias para garantir que exerzan o seu dereito os axentes que recibiron a orde de desprazamento sen tempo para solicitar o voto por correo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019