CRTVG

Buscar

Barça-Burela e Noia-Valdepeñas, nos oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala

Publicado o 26/11/2020 21:03

E xa sabemos os cruzamentos nos oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala que se celebrarán os vindeiros 15 e 16 de decembro.

O Burela Pescados Rubén, que acaba de eliminar o Santiago Futsal, enfrontarase ao Barça no Palau Blaugrana. Pola súa banda, o outro equipo galego na Copa, o Noia Portus Apostoli, recibirá na casa o Viña Albali Valdepeñas. As eliminatorias serán a partido único.

Noticias web

26/11/2020