CRTVG

Buscar

Barbadás propón organizar as saídas dos nenos en función do número de portal

Publicado o 24/04/2020 20:23


Este é o bando que publicou o Concello de Barbadás. Para evitar que coincidan moitos nenos á vez, recoméndalles aos pais que se organicen en base ao número do portal: os que residen en números pares, que saian nas horas pares, e os que viven en número impar, nas horas impares.

"Tócame saír en horario impar... Ás tres, case seguro baixaremos sempre ás tres", comenta un pai.

Cos parques pechados, as posibilidades de expansión dos cativos redúcense practicamente ás beirarrúas. O Concello lanza esta proposta non coma unha obriga, senón coma unha recomendación.

Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás: "Unha medida de precaución, de apelación ao sentido común e á cidadanía. Na confianza de que imos saír pronto deste problema pero que, para saír, é precisa a colaboración de todos".

Á espera de comprobar se finalmente se respeta, os veciños parecen conformes coa iniciativa municipal: "Hai que regulalo dalgunha maneira porque ter conta dos nenos, ás veces, é complicado". "Entendo que, se somos responsables, e fomos responsables todo este tempo, non temos por que deixar de selo agora".

Tamén recomendan o uso de máscaras de protección. O propio alcalde contactou coas farmacias da zona. Dispoñen de 1.500 unidades.

Noticias web

24/04/2020