CRTVG

Buscar

Barállase un posible adiamento das probas da ABAU

Publicado o 16/03/2020 21:25

O Goberno xa baralla distintas datas para reubicar os exames da antiga Selectividade, as probas da ABAU. Están previstas para as primeiras semanas de xuño pero no caso de que continúe a corentena por coronavirus na Educación, contemplaríase retrasalas un mes, aínda que non desbota outras datas incluso máis alonxadas no calendario. Esta posibilidade abordarase mañá na reunión que o Ministerio de Educación e Formación Profesional e o de Universidades manterán de forma telemática coas comunidades autónomas.






 

Noticias web

16/03/2020