CRTVG

Buscar

Baralla, entre os concellos con máis incidencia por coronavirus

Publicado o 27/08/2021 15:47

Os gromos rexistrados en diferentes localidades incrementaron o número de contaxios na área sanitaria de Lugo. Un dos concellos onde máis medrou a incidencia, ata converterse nunha das máis altas de Galicia, é o de Baralla. 

Baralla celebra o día grande das súas festas patronais, o San Vitorio, coas rúas case baleiras e sen actividades. 

Este concello lugués incrementou considerablemente o número de casos na última semana, acadando os 37 positivos. Nunca antes rexistrara tantos contaxios.

Un dos gromos máis numeroso é o que afecta a esta residencia con 11 usuario e 5 traballadores contaxiados, ningún deles grave. A mobilidade e as xuntanzas parecen estar detrás do incremento de contaxios.

Neste intre están no medio-baixo, pero a súa incidencia acumulada subiu ata case os 1.500 casos por cada cen mil habitantes, o que o converte nun dos concellos con maior incidencia da covid en Galicia.

Noticias web

27/08/2021