CRTVG

Buscar

Banksy é un xenio ou un vándalo?

Publicado o 06/12/2018 20:44

Entramos nunha mostra que non está autorizada por Banksy con máis de 70 pezas de coleccionistas privados. A controversia e a polémica que caracterizan a este artista urbano saen das súas pezas e chegan ata os informativos de todo o mundo.

Rafael Jiménez, responsable da exposición: "El utiliza o arte, e de feito tritura unha obra de arte, para denunciar unha serie de movementos e de situacións nos nosos días, contemporáneos que el quere denunciar. Eu penso que no fondo para el da igual o arte. Se atopase outra maneira de denunciar, faríao dese xeito".

Con todo, a lámina que se autodestruíu durante unha poxa dobrou o seu valor. Os coleccionistas adoran as pezas que Banksy crea para seren efémeras, moitas veces, en paredes urbanas. Algúns deses muros viaxaron ata Madrid, pero hai tamén esculturas, videos ou fotografías. O valor total das pezas expostas chega aos 20 millóns de euros. E agora, que pensan... xenio ou vándalo?






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018